CRTVG

Buscar

Unha cabicha mal apagada causa o incendio que arrasa 200 hectáreas en Rubiá

Publicado o 14/08/2021 13:42

• As chispas da catenaria dun tren tras un lume con dous focos en Carballeda de Valdeorras

Unha cabicha mal apagada e as chispas da catenaria dun tren son as causas que están detrás dos últimos lumes rexistrados nos concellos ourensáns de Rubiá e Carballeda de Valdeorras.
Os dous lumes están xa controlados.

Todo apunta a que a orixe do lume de Rubiá -que queimou 200 hectáreas- estivo nunha cabicha mal apagada. Agora, os axentes, xunto a Garda Civil de Ourense e o Seprona, verifican a procedencia deste elemento mediante unha proba de ADN.
Son os resultados do traballo feito pola Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta.

No caso do lume no concello de Carballeda de Valdeorra, os axentes estableceron que a causa foron as chispas procedentes da catenaria do tren que orixinaron, canda menos, dous focos de lume.

Noticias web

14/08/2021