CRTVG

Buscar

Investigan as causas do incendio de tres coches en Redondela

Publicado o 27/10/2020 13:11

O incendio declarouse pasadas as catro da mdrugada na Picota, en Redondela. Segundo as primeiras investigacións, foi no vehículo que estaba estacionado no medio e propagouse aos outros dous. A María del Carmen chamouna a policía para dicirlle que o seu coche ardera.

"Cheguei aquí e o lume estaba todo apagado. Este estaba todo arrasado, ese tiña a parte de diante e este tal e como está. Entón un policía tomoumme os datos e díxome que parecía que o foco do lume fora no meu".

"Soubémolo porque veu a policía buscarme ás cinco e media da mañá, que o coche estaba ardendo porque había un coche que se queimara e afectara o meu, o anterior e o posterior, ao que estaba ardendo. Acerqueime ata alí e só estaba queimada a parte dianteira do vehículo e estaban os bombeiros que acababan de apagalo".

Pasado un anaco a policía volveu chamar os propietarios porque o lume se reavivara e calcinara completamente dous deles e afectara a parte dianteira dun terceiro. Nun primeiro momento a policía pensaba que fora fortuíto, pero unha das propietarias manifestou que o seu coche xa sufrira algún ataque.

"Viñemos todos para abaixo e ás seis volven a chamarme que meu coche ardera todo, que quedara algunha faísca dentro e con aire prendeu de novo e ardeu de todo".

"Este coche xa fora ameazado unha vez, xa foi pintado, golpeado por unha vinganza. Non vou dar o nome, pero o ano pasado puxen unha denuncia que está na comisaría".

Os bombeiros estiveron unha hora no lugar e agora é a Policía Xudicial a que investiga a orixe do lume.

Noticias web

27/10/2020