CRTVG

Buscar

Investigan as causas do estoupido da roda do avión de Air Canada

Publicado o 04/02/2020 20:33

Boa parte da pasaxe do avión avariado, especialmente as persoas que tiñan que realizar conexións aéreas, voaron cara ao Canadá horas despois da aterraxe de emerxencia. Outros fixérono polo mañá tras pasar a noite nun hotel.

"Vin aquí, houbo un pouco de lea ao principio pero solucionárono e xa está".

Pero non todos atoparon unha solución. Algúns queixáronse da falta de atención da compañía aérea.

"Porque nos teñen aquí tirados e non sabemos se imos saír ou non". "Onte foi un despregamento marabilloso con policía, medios de comunicación e demais, e hoxe chegamos ao aeroporto e non hai resposta, Air Canada non existe, non hai ninguén de Air Canada que dea a cara".

Os últimos pasaxeiros saíron pola tarde nun voo da compañía portuguesa TAP, con escala en Lisboa. Pero a pesar dos inconvenientes, todos tiveron palabras de agradecemento para os pilotos e a triplulación pola súa actitude durante as cinco horas que pasaron queimando combustible e despois durante a aterraxe.

"De celebración, faltounos abrir champaña". "Eu vou quedar un par de días en Madrid, xa que volvín vou quedar un par de días".

Mentres, os expertos da comisión de investigación de accidentes e incidentes de aviación civil comezaron a analizar as primeiras fotografías do avión accidentado e o mateiral recollido na propia pista trala aterraxe. De momento descoñecese por que estoupou unha das rodas ao engalar o aparello. Segundo parece, este tipo de avaría é máis habitual na manobra de aterraxe. As imaxes tomadas no aire polo F-18 mostran que o tren de aterraxe esquerdo estaba en bo estado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020