CRTVG

Buscar

Investigan as causas do aparatoso incendio nun alpendre moi próximo a vivendas, en Baralla

Publicado o 10/09/2019 17:54

Estúdase a causa dun icendio que levou máis de catro horas en extinguir no concello lugués de Baralla.

De madrugada ardía este alpendre en Riosubil. O ruído espertou o propietario que chamou ao 112. Os bombeiros de Sarria e efectivos do GES de Becerreá traballaron arreo para evitar que a carga térmica de penumáticos ardendo chegase a uns tanques de gasóleo e as lapas, que se espallaban rápido pola herba seca, a vivendas próximas.

Non hai feridos, pero quedaron calcinados dous coches, un tractor e apeiros de labranza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019