CRTVG

Buscar

Investigan a xestión da empresa de augas de Xirona na época de de Puigdemont

Publicado o 14/06/2018 09:08

 A Garda Civil investiga un presunto desvío de fondos públicos na xestión da empresa de augas de Xirona. Hoxe reclamaron no concello documentación dos anos en que era alcalde Carles Puigdemont. A alcaldesa de Xirona asegura que se trata de datos que son públicos e lembra que o Concello é acusación particular na causa.

O fiscal anticorrupción acompañado dunha decena de gardas civís entra no Concello de Xirona. Reclaman documentación sobre Agisa, a empresa que xestiona a auga en tres concellos da comarca. É unha nova fase dunha operación para determinar se os rexedores dos tres consistorios puideron incorrer nos presuntos delitos de  malversación, apropiación indebida e falsidade documental.

Todo partiu dunha denuncia da CUP e no caso do concello de Xirona afecta o mandato de tres alcaldes, Joaquim Nadal e Anna Pagans do PSC e o converxente Carles Puigdemont. A documentación que solicitaron desta volta os axentes é de 2013 e 2014, cando o rexedor era Puigdmont.

A actual alcaldesa de Xirona asegura que pediron información á que pode acceder calquera cidadán porque está públicada en Internet.

"Do que si nos laiamos é de que se monte este show. Estamos encantados de colaborar coa xustiza e ademáis somos acusación particular neste tema", asegura Marta Madrenas.

Segundo o Goberno municipal a documentación que levaron os axentes ten que ver coa compra de fondos artísticos para o museo da cidade con cargo exclusivo, aseguran, os orzamentos do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018