CRTVG

Buscar

Investigan un mozo e dúas menores de idade pola morte dun octoxenario en Laza

Publicado o 09/03/2019 20:17

A policía xudicial da Garda Civil mantén aberta unha investigación para esclarecer todas as circunstancias que rodearon o falecemento dun veciño de Laza, de 82 anos, cando se atopaba na compaña de varios mozos. 

Serían dúas mulleres, ambas menores de idade e un home de 20 anos, todos eles veciños do mesmo municipio. O cadáver do octoxenario foi atopado o 11 de febreiro. Os axentes tomáronlles xa declaración ás tres persoas en calidade de investigadas como presuntas autoras dun delito de omisión do deber de socorro tras comprobaren que supostamente non alertaron os veciños nin o persoal sanitario tras o falecemento. 

O corpo sen vida do octoxenario non presentaba signos de violencia e foi trasladado ao hospital de Verín para practicarlle a autopsia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019