CRTVG

Buscar

Investigan a Romeva por desviar fondos para a promoción exterior do 'procés'

Publicado o 06/05/2021 21:01
Investigan a Romeva por desviar fondos para a promoción exterior do 'procés'

Unha xuíza de Barcelona investiga 10 excargos da Generalitat pola presunta malversación de fondos públicos para internacionalizar o 'procés'. Entre os investigados está o exconselleiro de Exteriores Raül Romeva.

A investigación deriva dunha querela que a Fiscalía presentou nos xulgados polos delitos de prevaricación, malversación de diñeiro e falsidade documental. Céntrase en once contratos e subvencións outorgadas entre 2012 e 2017 por un valor de case 1 millón de euros.