CRTVG

Buscar

Investigan a presunta violación grupal a unha menor de 17 anos en Sevilla

Publicado o 27/02/2019 20:35

A Garda Civil investiga unha presunta violación cometida por un grupo de mozos a unha menor de 17 anos, na localidade sevillana de Gines. Os feitos puideron acontecer durante a pasada fin de semana, cadrando coa celebración do Entroido deste municipio.

Tras a suposta agresión sexual, a menor acudiu coa súa nai ata o hospital Virxe Macarena, que puxo en marcha o protocolo habitual para este tipo de casos. Nun primeiro momento, a moza non quixo interpoñer unha denuncia, pero si o fixo este martes.

Tras prestar declaración ante os axentes do instituto armado, a acta foi trasladada tamén á Fiscalía de Menores para que abra as pertinentes dilixencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019