CRTVG

Buscar

Investigan a presunta violación en grupo a un neno de 9 anos nun colexio de Xaén

Publicado o 08/02/2018 09:23

Investigan a posible violación en grupo dun neno de nove anos en Xaén. Sospeitan de compañeiros do mesmo colexio, rapaces de entre 12 e catorce anos. Os feitos suponse que ocorreron durante o tempo de recreo, no propio centro escolar. E puido non ser unha única vez. A vítima calou porque estaba ameazado.

A delegación de Educación da Junta de Andalucía en Xaén iniciou as actuacións para investigar a presunta violación dun neno de 9 anos por parte de varios compañeiros nun colexio da zona da serra de Cazorla (Xaén).

A Delegación de Educación non tivo coñecemento dos feitos ata onte, momento no que se comezou as actuacións pertinentes nestes casos. Os feitos producíronse a pasada semana en horario escolar, no recreo, e os presuntos autores serían varios nenos de entre 12 e 14 anos, segundo adianta a Cadea Ser, que engade que o menor foi atendido no hospital San Juan da Cruz de Úbeda (Xaén), de lesións coincidentes cunha violación. Non era a primeira vez que o neno sufría acoso por outros no colexio e fora ameazado para non contar nada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2018