CRTVG

Buscar

Investigan a orixe dunha vertedura de cór rosaceo na zona de Bouzas

Publicado o 05/07/2019 14:21

Unha cor rosácea tingue estes días a praia de Bouzas, en Vigo. A situación crea expectación na zona, mentres varias entidades están a tomar mostras. Estanse dando varias versións do que pode ser, pero os investigadores coinciden en restarlle importancia e desbotan calquera tipo de toxicidade.

A praia urbana de Bouzas presenta esta cor rosada nestes últimos días. O Centro Oceanográfico de Vigo foi o primeiro en tomar mostras e, aínda que a orixe do vertido é aínda descoñecida, desbotan a existencia de toxicidade e de organismos vivos.

Pero esta mañá este investigador do Oceanográfico recibía un correo dunha veciña de Moaña que lles fai pensar por estas fotos que podería deberse aos restos botados ao mar dunha pintura da mesma cor despois de terse celebrado a Holy Fest o pasado 15 de xuño na que se emprega colorante.


Pola contra, este mediodía persoal do Centro de Investigacións Mariñas e do Porto de Vigo tomaban mostras tamén. Pero á espera dos resultados, adiantar ter visto esta cor na zona de Bouzas todos os veráns debido á descomposición das algas.

Veciños e paseantes sorprendíanse esta mañá pola intensidade da cor.

Sexa debido a unha causa ou outra, todas as fontes consultadas coinciden en que non se cree alarma porque non hai toxicidade aparente.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019