CRTVG

Buscar

Investigan a morte dunha muller que apareceu atada a unha cadeira en Xirona

Publicado o 26/09/2020 21:34

Os Mossos D´Esquadra investigan a morte violenta dunha muller en Xirona. O corpo da vítima, de 68 anos, apareceu atado a unha cadeira e presentaba indicios de criminalidade.

Foi a empregada do fogar a que alertou aos servizos de emerxencia da aparición esta mañá do cadáver no interior da vivenda. Os axentes tomaron pegadas e fixeron unha inspección ocular de todo o inmoble para intentar saber cando sucederon os feitos e quen pode estar detrás deste crime. Os primeiros indicios apuntarían a un roubo.

 

Noticias web

26/09/2020