CRTVG

Buscar

Un cidadán belga mata a muller en Alacante e despois tenta suicidarse

Publicado o 22/07/2019 18:32

En Alacante, ducias de persoas concentráronse este luns para condenar o asasinato machista ocorrido en Calpe. Un cidadán belga de 61 anos matou a muller, de 57, e despois tentou suicidarse. O Concello decretou dous días de loito.

Os feitos ocorreron de madrugada nesta urbanización de Calpe. O matrimonio volvía dos actos de celebración do Día de Bélxica. Ao parecer, discutiran nun local. Ao chegar á casa, o home de 61 anos, acoitelou a muller, de 57. Despois tentou suicidarse.

Foi a filla quen os atopou e quen alertou a Garda Civil.

Ana Sala, alcaldesa de Calpe: "Estas persoas levaban aquí catro meses, non sabemos se antes viñan de vacacións, que iso pasa moitas veces. Xente que vén de vacacións e decide cambiar a súa residencia".

Ata o momento non consta que a muller presentara denuncia por malos tratos no noso país. Con esta, son 1.009 as mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas dende o ano 2003.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí