CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun octoxenario calcinado dentro do coche a escasos metros da casa

Publicado o 12/04/2019 14:36

Así quedou o coche tras o accidente de tráfico acontecido nesta estrada que une os lugares da Corredoira e a Telleira, na parroquia arteixá de Armentón. A vítima é un veciño de 82 anos que, supostamente, perdeu o control do vehículo cando regresaba á casa, bateu contra un desnivel e ardeu por completo sen darlle tempo a fuxir das lapas.

Alejandro García, xefe do parque de bombeiros de Arteixo: "Cando chegamos ao lugar o coche estaba totalmente queimado e no interior estaba o señor...".

"Eu estou conmocionada, nerviosísima. Meu Deus...! Morreu unha persoa queimada así, dentro do coche... Cando nolo dixeron pensamos que saíra do coche, pero...".

Aconteceu moi preto da súa casa, a uns trinta metros, e a muller viuno todo desde unha ventá. Os servizos sanitarios tiveron que atendela.

Alejandro García, xefe do parque de bombeiros de Arteixo "Si, foi a escasos metros da casa e a muller estaba observando o accidente, pero non sabemos se era consciente de que era seu marido".

Agora, a Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro, por que prendeu lume o automóbil e por que a vítima non puido saír del.

Noticias web

12/04/2019