CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun meniño en Ourense e as lesións do seu irmán xemelgo

Publicado o 13/03/2019 19:51

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense abriu dilixencias previas para tratar de aclarar as causas da morte dun bebé de dous meses na vivenda familiar, o pasado Luns de Entroido. Á espera de máis probas forenses, polo momento, descártase unha intención criminal no seu falecemento. De feito foron os propios pais os que avisaron os servizos de emerxencia, que nada puideron facer por salvarlle a vida ao bebé.

Marisol Díaz Mouteira, delegada da Xunta en Ourense: "Está en investigación xudicial, baixo segredo de sumario, así que imos deixar que a xustiza faga o seu traballo. En canto ao Goberno galego, imos seguir traballando e adoptando as medidas en relación ao bebé hospitalizado e, como non podía ser doutro xeito, en relación á protección deste menor".

O que fixo saltar as alarmas é que o seu irmán xemelgo ingresou pouco despois na UCI pediátrica do CHUO con lesións nas costelas. Mentres se aclaran as circunstancias, a Xunta asumiu a garda provisional do bebé con carácter urxente. Dende o TSXG, confirman que neste intre non hai ninguén investigado por este caso.

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019