CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun home na autoestrada que une Santiago con Ourense

Publicado o 04/12/2017 08:47

A Garda Civil investiga a morte dun home na autoestrada que une Santiago con Ourense. O seu corpo apareceu tirado á altura do quilometro 23, preto da saída de Bandeira. Un vehículo sufriu unha saída de via ao intentar esquivar o home; os seus ocupantes non sofren feridas de gravidade. Varios condutores deron aviso ao 112 e ao persoal da peaxe. Axentes da garda civil desprazáronse ata o lugar para iniciar as investigacións. Todo apunta que se precipitou desde un paso superior que cruza a autoestrada. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2017