CRTVG

Buscar

A autopsia non aprecia "signos de criminalidade" na morte dun bebé en Vilalba

Publicado o 26/05/2020 13:11
A autopsia non aprecia "signos de criminalidade" na morte dun bebé en Vilalba

O informe preliminar da autopsia practicada ao bebé que onte faleceu no Centro de Saúde de Vilalba (Lugo) non aprecia "signos de criminalidade" que puidesen provocar a morte da pequena, polo que todo indica que se tratou dun deceso provocado por causas naturais.

Da investigación fíxose cargo o Xulgado número 2 desa localidade lucense, en funcións de garda, que xa ten na súa poder ese informe preliminar da autopsia.

A nena, un bebé de pouco máis dun ano, faleceu onte no centro de saúde de Vilalba, despois de que a súa nai a achegase ás instalacións sanitarias da localidade en estado moi grave, en parada  cardiorrespiratoria.

Segundo informa na súa edición de hoxe o diario El Progreso, este suceso produciuse sobre as dúas da tarde, cando a nai da menor se presentou no Centro de Saúde da localidade pedindo axuda.

Os médicos e sanitarios que estaban nese momento no centro trataron de reanimar á nena e mesmo se mobilizou a unha ambulancia medicalizada para trasladala ao hospital, pero ao final só puideron certificar o seu falecemento. 

Máis sobre Vilalba

Arzúa 0-0 R.Vilalbés
19/10/2020 10:16