CRTVG

Buscar

Investigan os proxenitores dun bebé de catro meses que morreu na casa en Murcia

Publicado o 14/03/2021 15:15

Investigan a morte dun bebé de catro meses en Alhama de Murcia. O pequeno apareceu morto pola mañá na mesma cama en que dormía cos pais.

Levaba máis dunha hora morto cando se decataron de que non respiraba. A Garda Civil investiga agora os proxenitores por posible homicidio imprudente. Pénsase que o esmagaron mentres durmían despois de deitarse na mesma cama que o neno estando ebrios. A autopsia determinará agora as causas do falecemento.

Noticias web

14/03/2021