CRTVG

Buscar

Investigan a morte de dous anciáns en Murcia

Publicado o 14/10/2019 14:16

A Garda Civil investiga se a morte onte de dous anciás na súa casa de Sangonera A Seca, Murcia, se debeu á explosión dunha bombona de gas ou se houbo violencia. Os investigadores esperan o resultado das autopsias.

Unha veciña de Sangonera A Seca, municipio do extrarradio de Murcia, alertou a garda civil ao ver que na casa duns veciños na que vivía un matrimonio de octoxenarios había cristais rotos e ninguén contestaba á porta. Cando entraron, os axentes atoparon os dous anciáns mortos.

"Saín correndo e dixen, aquí pasou algo. Pensei que entrara algún ladrón a roubar ou así. Non imaxinaba que estaban mortos", dixo a veciña.

"El estaba encima da cama, morto, e ela no chan", contou unha veciña que entrou cos gardas.

Os corpos presentaban feridas que se poderan producir por unha explosión de gas, pero ata o de agora non hai nada confirmado.

A análise detallada da Policía Científica no interior da vivenda e as autopsias determinarán se as mortes foron accidentais ou se houbo intencionalidade e violencia, hipótese que non está desbotada.

Noticias web

14/10/2019