CRTVG

Buscar

Investigan a morte na Coruña dunha muller embarazada

Publicado o 03/04/2020 15:05

Un despacho de avogados da Coruña fíxose cargo, a instancias da familia, do caso da muller de 37 anos embarazada falecida hai uns días no hospital Materno Infantil Teresa Herrera.

O bufete abriu unha investigación sobre o proceso de decisións médicas levado a cabo para comprobar se se cumpriron os protocolos necesarios. De momento seguen a recompilar información, á espera de dispoñer da historia clínica completa para a súa avaliación por peritos antes de iniciar calquera actuación legal.

Noticias web

03/04/2020