CRTVG

Buscar

Investigan a malleira que levou un camareiro de Carballo, a quen, segundo parece, confundiron con outra persoa

Publicado o 14/02/2020 14:41

"Este non é. Equivocámonos". Isto é o que, supostamente, dixo un dos catro agresores que participaron na malleira.

A Televisión de Galicia púxose en contacto coa vítima, de 52 anos, pero declinou atendernos. Si o fixo un compañeiro seu, que nos explicou a versión do camareiro. Contou que, de madrugada, pechou o bar en que traballa e que, cando ía camiño da súa casa, nesta zona en que está a biblioteca municipal Rego da Balsa, foi abordado, polas costas, por catro mozos que non foi quen de identificar.

Comentoulle tamén que primeiro lle deran un golpe na cabeza e que caera o chan. Xa tombado, endagiu, comezaron darlle patadas por todo o corpo ata que se decataron, segundo lle explicou, de que era un erro. Daquela, os agresores fuxiron do lugar. A vítima marchou para a súa casa e cando o viu a súa muller chamou unha ambulancia para que o trasladaran a urxencias e o atendesen. Afirmou que ten todo o corpo mazado e dúas costelas rotas.

Ao día seguinte dos supostos feitos, presentou unha denuncia perante a Garda Civil, que é quen se encarga agora da investigación para poder esclarecer que foi o que pasou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020