CRTVG

Buscar

Investigan a explosión dun avión en Somalia

Publicado o 04/02/2016 08:46

Foi un avión de pasaxeiros que engalou da capital do país, Mogadixo. A policía descarta que se trate dun atentado terrorista

Cren que foi un problema técnico o que causou a explosión e o posterior incendio, cando o avión levaba vinte minutos no aire. Aínda non collera moita altura e, como se ve nas imaxes gravadas polos pasaxeiros, a cabina non chegou a despresurizarse. Aínda así, morreu unha persoa e outra quedou ferida. A aeronave dirixíase a Yibuti con 80 viaxeiros dentro.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2016