CRTVG

Buscar

Investigan a difusión de imaxes íntimas dunha menor a través das redes sociais

Publicado o 31/05/2021 13:01
Investigan a difusión de imaxes íntimas dunha menor a través das redes sociais

En Santiago, a Garda Civil investiga a difusión en redes sociais de imaxes íntimas dunha rapaza menor de idade por parte doutros menores. O caso está nas mans dun equipo da Policía Xudicial que xa lles tomou declaración aos presuntos responsables, que poderían ser acusados dun delito de descubrimento e revelación de segredos.

Os expertos lembran que os pais xogan un papel fundamental na prevención deste tipo de casos. Compartir imaxes íntimas dunha terceira persoa sen o seu consentimento está perseguido pola lei, independentemente da orixe da gravación en si.

Noticias web

31/05/2021