CRTVG

Buscar

Investigan a contratación de Villarejo polo BBVA para labores de espionaxe

Publicado o 15/01/2019 19:24

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castellón reclámalles a dous xornais dixitais o material sobre a contratación por parte do BBVA dos servizos do ex-comisario Villarejo para labores de espionaxe. A Policía Nacional xa se presentou nos dous medios para requisar o material publicado e o que aínda non difundiron sobre a chamada operacion Trampa. Os documentos apuntan a que o BBVA, entón dirixido por Francisco González, lle encomendou a Villarejo obter información sobre o suposto intento da empresa Sacyr de tomar o control do banco coa axuda do Goberno de Zapatero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019