CRTVG

Buscar

Investigan a aparición do cadáver dun home afogado no peirao de Xufre, na Illa de Arousa

Publicado o 25/08/2019 09:56

• Trátase dun veciño xubilado que saíu a pescar coa súa dorna a motor, que apareceu á valga xunto ao seu corpo

Investigan a aparición do cadáver dun home afogado no peirao de Xufre, na Illa de Arousa

Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida dun home que apareceu no peirao do Xufre, na Illa de Arousa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o cadáver foi localizado pasadas as oito da tarde de onte cando flotaba na auga a carón dunha enbarcación. Malia que o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos efectivos de Salvamento Marítimo, apenas necesitaron estes recursos, pois os axentes da Policía Local puideron acceder desde terra ao cadáver e sacalo da auga.

Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, mais xa nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa banda, os axentes, xunto cos membros da Garda Civil desprazados ao lugar do suceso, tratan de aclarar as causas da morte.