CRTVG

Buscar

Investigan a agresión grupal e con puño americano a un menor de 16 anos

Publicado o 24/08/2021 10:57
Investigan a agresión grupal e con puño americano a un menor de 16 anos

A Policía Nacional de Ourense investiga unha agresión a un menor de 16 anos que sufriu dous cortes profundos na cabeza, de tres e cinco centímetros, supostamente cun puño americano. O incidente ocorreu esta fin de semana na zona vella de Ourense, na coñecida praza do Trigo.

Segundo a denuncia presentada na comisaría, o mozo estaba con outros cinco amigos cando pasou un home que se alterou con eles, pero marchou. Ao pouco, conta o menor, ese mesmo home volveu, con outros dez homes e unha muller, e recibiu dous golpes na parte posterior da cabeza co puño e comezou a sangrar.

Os agresores tamén agrediron outro rapaz e despois abandonaron o lugar antes de que chegase a ambulancia que levou o rapaz ferido ao hospital, onde lle puxeron sete grampas nas feridas.

A policía trata de identificar o presunto autor destas agresión e os outros participantes, que levaban botellas de cristal.

Noticias web

24/08/2021