CRTVG

Buscar

Investigan 14 televisións españolas por presunta fraude no caso 'A Roda'

Publicado o 04/02/2020 18:12
Investigan 14 televisións españolas por presunta fraude no caso 'A Roda'

O xuíz da Audiencia Nacional, Ismael Moreno, investiga 14 televisións españolas por un suposto engano coñecido como "A Roda". Unha suposta fraude coa que membros da SGAE, a Sociedade Xeral de Autores, terían obtido ingresos millonarios polos dereitos de cancións emitidos en programas nocturnos das televisións imputadas. O xuíz chama a declarar tanto a responsables da SGAE como desas catorce televisións. Cre que a fraude non se puido cometer sen o seu consentimento. Os feitos investigados remóntanse a un periodo entre 2006 e 2010.

Noticias web

04/02/2020