CRTVG

Buscar

Investigados dous homes por acoso e ameazas a unha veciña de Muxía

Publicado o 20/04/2021 14:00

Encontráronse nun xogo en liña a través da rede social e ante a negativa da muller a manter unha relación con el, o home empezou con diversas accións de acoso continuo á muller. Ela tentou cortar toda a relación co suposto acosador e o que fixo o home foi presionala aínda máis e mesmo presentarse preto da vivenda dela, en Muxía.

Ante a firmeza da muller en rexeitar a relación, entra en acción un segundo home, que ameaza a vítima con danos aos seus fillos se denuncia o que estaba a pasar.

A Garda Civil investigou os dous presuntos autores do acoso e das ameazas, veciños de Santiago e de Vila de Cruces. As pescudas non remataron.


 

Noticias web

20/04/2021