CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Investigadores galegos reducen á metade o tempo de cría da ostra autóctona

Publicado o 06/03/2017 14:13

Investigadores galegos descobren como producir máis larvas de ostra autóctona en menos tempo ao longo de todo o ano.

Trátase dun protocolo que reduce o período de cría á metade e nas mellores condicións fóra da época natural de cultivo dese molusco.

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago coa profesora Pérez-Parallé á fronte estivo a traballar nos últimos anos cun obxectivo: aumentar a produción de semente da ostra propia de Galicia en criadeiro para logo sementala nas rías galegas.

É e que na última década o cultivo descendeu moito pola sobreexplotación e a utilización de semente foránea que trouxo enfermidades e unha alta mortaldade.

Para apurar, mellorar e acrecentar a produción de larvas o estudo encamiñouse a aumentar a madurez sexual do molusco.

A investigación do grupo galego supón baixar dos 16 semanas mínimo que agora se precisan para producir larvas no outono a 10 e das dez requiridas no inverno pasar a 4 semanas.

Así e todo, os autores desta investigación incluída nunha iniciativa da Unión Europa móstranse cautos ante a acollida que este avance pode ter no sector en Galicia.

Este especialista en cultivo de moluscos afirma que á Xunta non lle interesa aumentar a produción destas especies e lembra que nas depuradoras galegas predomina o marisco foráneo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí