CRTVG

Buscar

Investigadores galegos estudan como empregar algas en pensos de animais

Publicado o 13/02/2018 21:33

Eliminar as algas que ameazan o marisqueo nas praias é unha operación custosa para as confrarías de pescadores. Investigadores galegos e andaluces buscan agora unha forma de darlles valor ás algas para que sexan rendibles. A súa aposta é que sirvan para elaborar pensos para animais.

O traballo dos investigadores é darlles valor aos restos de algas que inundan as praias galegas e ameazan o marisco. Trátase de compensar o alto custo que supón para as confrarías eliminalas. Investigadores de Anfaco-Cecopesca en colaboración co Centro tecnolóxico de Acuicultura de Andalucía desenvolven este proxecto. 

Empregar as algas como parte de pensos para alimentación animal é unha das opcións para sacarlles rendemento ás algas, pero non a única.

O proxecto está financiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura e pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Marítimo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018