Investigadores galegos conseguen reducir un 40 % os tratamentos fitosanitarios antimildio na D. O. Rías Baixas
Un modelo de predición desenvolvido por un grupo de investigadores con participación galega conseguiu reducir un 40 por cento os tratamentos fitosanitarios antimildio en viñedos da denominación de orixe Rías Baixas. O proxecto que esta previsto que quede completado neste ano trata de identificar as épocas en que as vides están máis expostas ás infeccións fúxicas para poder combatelas máis eficazmente.
O capturador de partículas atrapa as esporas de tres fungos que constitúen a principal ameaza para as vides galegas: o mildio, o oídio e a botrite. Unha vez analizadas as concentracións no laboratorio, os datos engádense a unha base histórica que tamén recolle datos meteorolóxicos e do desenvolvemento das plantas para poder predicir cando se vai producir a infección e combatela.
A redución do emprego de produtos fitosanitarios supón un aforro ambiental e tamén económico para o viticultor, ao tempo que mellora a calidade do viño. O proxecto, chamado Viticast, completarase coa fin da vendima deste ano.