CRTVG

Buscar

Investigadores están a estudar se o visón pode ser o transmisor do virus

Publicado o 21/05/2020 14:47

A medida que avanza a pandemia avanza o coñecemento sobre este novo virus. Un posible contaxio nunha granxa de visóns nos paises baixos apunta a que estes animais poderían ser reservorio do virus. Non hai dubidas de que no morcego está a orixe pero hai controversia sobre o transmisor intermediaro. Asi o explica Gonzalo Fernández, profesor de enfermidade infecciosas da Facultade de Veterinaria de Lugo: "Lóxicamente os mustélidos e outros grupos deste tipo de animais é importante investigalos todos para poder ver cal pode ser intermediario".

De confirmarse o contaxio dos Paises Baixos sería o primeiro coñecido de animal a humano.

 "colleron mostras de aire para ver o nivel de virus que podian estar transmitindo. Fóra das granxas non había virus, si dentro das gaiolas dos animais. É posible que por un contacto directo cos animais poidera ser infectado", engade Fernández.

Este novo contaxio xera desconcerto nas granxas de visóns. En Galicia hai unha trintena. Os veterinarios insisten en que é un caso esporádico e lembra que o risco segue a estar no contaxio entre persoas.

Noticias web

21/05/2020