Investigadores e empresas téxtiles de Vigo transforman residuos e aparellos mariños en roupa
Hoxe coñecemos un proxecto sostible que transforma as vellas redes de pesca e o plástico recuperado dos fondos mariños en roupa.
Investigadores, armadores e empresas téxtiles de Vigo forman parte de Oceanets, unha maneira de xerar valor engadido a partir da reutilización e a reciclaxe.
Este proxecto recupera os plásticos dos océanos, tamén os aparellos de pesca que se perden no fondo do mar, e transfórmanos en roupa.
Esa segunda vida faise realidade grazas ao proxecto Oceanets. Iniciouse en xaneiro, e nestes meses conseguiron parte do seu obxectivo: converter o lixo mariño en valor engadido na industria téxtil.
Este proxecto finalizará a finais deste ano. Nel tamén queren concienciar e facer partícipe un sector que loita por conseguir a sostibilidade social e económica.