CRTVG

Buscar

Investigadores do CSIC presentan un manual sobre doenzas dos cefalópodos

Publicado o 15/05/2019 15:04

Acaba de saír do prelo un manual elaborado por científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo que compila a investigación dos últimos trinta anos arredor das enfermidades que lles afectan aos cefalópodos. A publicación, dispoñible en liña, contén estudos de 40 autores de 12 países diferentes. 

O manual, unha revisión actualizada das principais enfermidades que lles afectan aos cefalópodos, vén encher o baleiro existente neste tipo de publicacións desde o ano 1990.

Ángel Guerra, do Instituto de Investigacións Mariñas, explicou que foi "un lapso de tempo en que non se pode dicir que non se publicara nada, pero estaba todo disperso".

Trátase, polo tanto, dunha obra básica para investigadores de todo o mundo, porque nela se recollen achegas de 40 autores de 12 países. E ten pleno sentido que a obra se ideara e elaborara desde Galicia, onde só en 2018 foron comercializadas preto de 4.500 toneladas de cefalópodos cunha facturación próxima aos 30 millóns de euros.

A conselleira do Mar lembrou que "o ano 2018 pechámolo cun incremento en valor dos cefalópodos do 25%".

Deles, o polbo é o produto estrela, cun prezo medio que supera marcas e unha xeración de ingresos superior aos 18 millóns. Nun prazo de cinco anos, os científicos do CSIC calculan que o polbo de granxa, criado en catividade, será unha realidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019