CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Investigadores do CHUS participan nun proxecto europeo de diagnose de enfermidades infecciosas

Publicado o 28/03/2016 14:58

Un equipo de investigadores do Hospital Clínico de Santiago participa nun proxecto europeo para o desenvolvemento dunha plataforma que vai permitir diagnosticar enfermidades infecciosas respiratorias xa en atención primaria.

En concreto infeccións producidas polo virus sincitial, causante de 3 de cada 4 infeccións que afectan os menores de 2 anos.

O virus sincitial orixina en España ata 20.000 visitas pediátricas de urxencia e unhas 15.000 hospitalizacións ao ano en nenos menores de 2 anos. O equipo de investigadores do doutor Martinón leva anos traballando sobre este virus porque tamén é o causante da desestabilización de doentes con enfermidades crónicas. Ese é un dos motivos polo que foi elixido para participar no desenvolvemento da tecnoloxía de diagnose que estará dispoñible en atención primaria, onde participan outros 7 países.

O grupo de investigación galego vai coordinar a fase de validación preclínica mediante a realización de múltiples probas biolóxicas nos diferentes tipos de mostras. O equipo agarda que no ano 2018 xa se estean realizando as probas con pacientes reais. O proxecto está financiado pola Comisión Europea para o que achega 9 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí