CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Investigadores do Campus de Ourense crean unha aplicación informática para personalizar os tratamentos contra o cancro

Publicado o 03/07/2018 21:15





Investigadores do Grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración do Campus de Ourense conseguiron desenvolver durante catro anos unha ferramenta de medicina personalizada para tratar o cancro. PunDrugs fai unha lista priorizada de fármacos en base as alteracións xenéticas de cada paciente.

No Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas xurdiu a idea de facer unha aplicación que permita personalizar o tratamento do cancro e pediron axuda ao grupo de sistemas informáticos de nova xeración da Universidade de Vigo.

Con esta ferramenta, en fase inicial, acadanse tratamentos moito máis precisos.
O grupo SING desenvolve solucións informáticas manexando técnicas e algoritmos de intelixencia artificial que se aplican a distintos problemas de ámbito médico.

Ata 50 aplicacións, libres para a comunidade científica, crearon xa estes nove investigadores do Campus de Ourense.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/07/2018