CRTVG

Buscar

Investigadores de Vigo idean unha crema solar feita a partir de espiñas de peixe

Publicado o 17/10/2019 21:27

Protección solar a partir de espiñas de peixe. Un proxecto ecolóxico, respectuoso co medio ambiente e con recoñecemento internacional no ámbito científico. Os artífices son os membros do Grupo LaserOn da Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo. Levan anos investigando os descartes da pesca para convertelos en produtos con alto valor engadido. Xa o lograron con aplicacións biomédicas para recubrimento de implantes ou recheos óseos e agora investigan as posibilidades das espiñas de peixe, cuxo fosfato cálcico é un fantástico bloqueador solar.

Os compostos máis usados nas cremas solares producen radicais libres que aceleran o proceso de envellecemento da pel e resultan daniños para o medio ambiente.

O futuro pasa por produtos inocuos para o medio ambiente. En Hawai e outros puntos de México ou zonas con arrecifes de coral propóñense prohibir os protectores solares que danan os fondos mariños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019