CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Investigadores de todo o mundo participan no congreso internacional 'Camiño das estrelas'

Publicado o 18/09/2017 15:34

Investigadores chegados de todo o mundo participan ao longo desta semana, en Santiago, no congreso internacional 'Camiño das estrelas'. Este encontro, que por primeira vez se celebra en Galicia, está promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas, a Universidade de Santiago e o Instituto de Astrofísica das Canarias.

O ceo foi fonte de inspiración de multitude de artistas de distintas disciplinas ao longo dos séculos. Converteuse en ferramenta imprescindible para os agricultores na busca das mellores colleitas, e a súa observación tamén determinou a localizacación de monumentos e edificios. Pero o xeito de como miramos o ceo foi cambiando co paso do tempo.

Ao longo desta semana máis de 125 investigadores chegados de 32 países e dos 5 continentes debaten en Santiago, no Centro de estudos avanzados, sobre a visión do ceo nas distintas culturas e sociedades. O congreso 'Camiño ás estrelas' ofrece un programa ateigado de conferencias, pero tamén cheo de actividades abertas ao público como exposicións, concertos e unha observación astronómica, o xoves á tarde, dende a Cidade da Cultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí