CRTVG

Buscar

Coordinan dende Santiago dous proxectos de nanotecnoloxía contra o cancro

Publicado o 06/12/2018 13:40

Investigadores de Santiago coordinarán dous proxectos europeos de nanotecnoloxía aplicada á loita contra o cancro de pulmón e de páncreas. A plataforma EURONANOMED cofinancia estes traballos con máis dun millón de euros en cada caso, co obxectivo de detectar a metástase de xeito precoz e de facer a efectiva a inmunoterapia en determinados tumores.

O primeiro dos proxectos persegue a detección precoz da metástase no cancro de pulmón.

O segundo dos proxectos céntrase no cancro de páncreas, un dos máis letais que non responde, ata o de agora, aos tratamentos de inmunoterapia.

Os dous proxectos contan con financiamento superior a un millón de euros en cada caso, e permiten coordinar, desde Santiago, unha rede con todos os actores necesarios para que a tecnoloxía creada aquí acabe materializándose en nanomedicamentos biocompatibles, moito máis eficaces e cunha redución drástica da toxicidade, porque actuarían exclusivamente onde fosen necesarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018