CRTVG

Buscar

Investigadores de Ourense traballan nun sistema para a busca de pólipos no colon

Publicado o 28/05/2018 15:42

Investigadores da Universidade Politécnica e do Hospital Clínico de Ourense están a crear un sistema de intelixencia artificial que axude a detectar pólipos no colon e a clasificalos segundo a súa malignidade. O ordenador vería máis que o ollo humano. 

En tres anos podería estar operativo un ordenador que axude os médicos endoscopistas a detectar pólipos no colon cando está facendo a exploración. Unha investigación conxunta do campus politécnico de Ourense e do Complexo Hospitalario ourensán están a traballar para que ese sistema teña unha visión máis precisa que o ollo humano.

"Vainos a permitirdetectarpolipos que poloseu tamaño poden parecer pouco importantes pero que poderían selo".

Este módulo vai asistir ao endospcoista para avaliar o pólipo e tomar decisións no momento".

Os investigadores confían en que axude tamén a evitar extirpacións innecesarias de polípos benignos. Esperan rematar o proxecto a mediados de 2020.

 

 

Noticias web

28/05/2018