CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Investigadores das tres universidades galegas desenvolven ferramentas informáticas para analizar sentimentos

Publicado o 06/11/2015 21:33




Atendan a este termo: "minería das emocións" Ten que ver coa análise que se pode facer das opinións que manifestamos na Internet, unha información moi útil para terceiras persoas e que nalgúns casos pode volverse na nosa contra. É unha das áreas en que están a traballar investigadores das tres universidades galegas que hoxe se reuniron en Santiago.

No encontro, entre outras sisudas cuestións que poñen en común está a da "minería das opinións" ou "análise dos sentimentos".

Señorito.. Manqui, se non che importa, pero si, máis que discutilo, expliquémolo...

Ollo, porque o rastrexo das nosas opinións na rede poden facelo, coa ferramenta informática adecuada, dende grupos políticos e mesmo servizos de intelixencia, ata empresas de calquera tipo.

Uff...! Se xa nos incomoda darlle o noso móbil a un estraño ou que nos metan propaganda na caixa de correos de casa... imaxinen sospeitar que un grupo organizado de descoñecidos saben o que pensamos!!!

Non lles dá algo de medo?

Niso si, Manqui. O concepto quedou claro... supoño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

06/11/2015