CRTVG

Buscar

Investigadores da USC vinculan case a metade dos contaxios de COVID-19 aos supercontaxiadores

Publicado o 21/05/2020 20:13

Case a metade dos contaxios por COVID-19 poderían estarían relacionados con supercontaxiadores. Así o defende un estudo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Este grupo de científicos analizou case 5.000 xenomas do coronavirus de todo o mundo. E do seu estudo tiraron tres grandes conclusións que serán fundamentais na loita contra a enfermidade.

Federico Martinón, coordinador do grupo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela: "En primeiro lugar, atopamos que a similitude das cepas é maior a un 99 % entre elas, o cal é positivo de cara a un futuro desenvolvemento de vacinas. En segundo lugar, vemos similitude de máis do 96 %  co  xenoma do coronavirus do morcego, o cal descarta as teorías conspiranoicas da orixe artificial do microorganismo. E por último está o fenómeno dos contaxiadores. Nestes 5.000 xenomas analizados vemos que apenas unhas poucas docenas explican a maioría dos casos".


 

Noticias web

21/05/2020