CRTVG

Buscar

Investigadores da USC traballan nunha vacina contra a COVID-19

Publicado o 13/04/2020 11:16

Galicia súmase a carreira mundial dunha vacina contra o coronavirus. Son investigadores da Universidade de Santiago e están comezando os traballos previos para cando cheguen os reactivos que precisan. O que tratan de buscar é un fármaco que xere unha resposta no paciente que o faga inmune ao coronavirus.

José Martínez Costas, xefe do servizo de investigadores e investigador do Cicus explica en que consite esta investigación: "Pretendemos que as células traballen por nós, que constrúan esferas de proteína e que dentro pruduzan antíxenos do virus. Logo pretendemos utilizar estas esferas como vacina. Os estudos de resposta inmune fanos en Madrid, nun laboratorio de bioseguridade, e esperamos ter resultados o antes posible".

"Este método xa o probamos con dous virus de interes veterinario, explica o José martínez, co virus da lingua azul e co virus da peste equina africana e en ambos casos funcionou moi ben e tamén estabamos tendo resultados moi bos cun modelo de cáncer en ratos. Unha investigación que agora paramos porque parte do equipo estaba en Londres probando a vacina nun laboratorio de estandarización que colabora coa OMS".

"O proceso para a vicina definitiva é longo, porque hai primeiro ensaios preclínicos en ratos, despois buscar financiación porque co que temos só nos chega para esta etapa. Despois facer ensaios en animais máis grandes antes de ir humanos en fases clínicas. Evidentemente hai que demostrar que é segura".

"O prazo é superior a un ano seguro, a pesar de que se estean acelerando moito os prazos pola urxencia que hai".

"Non é cuestión de que sexa máis difícil que outros virus. É cuestión de recursos. Agora estánse poñendo recursos e clarmente vaise chegar a unha solución, pode que non sexa a óptima agora, pero a algunha vaise chegar; de feito, algunhas están estrando xa en fase clínica. Esas terán resultados aplicables antes ca a nosa, por suposto, pero hai que seguir intentando desenvolver solucións".







 

Noticias web

13/04/2020