CRTVG

Buscar

Investigadores da USC frean a metástase do cancro de colon grazas á nanotecnoloxía

Publicado o 10/01/2019 15:44

Foi en 2011 cando o grupo de investigación liderado por Alejandro Sánchez e Inés Fernández desenvolveu unhas nanopartículas capaces de transportar no organismo principios activos para diferentes enfermidades. O ano pasado os Estados Unidos concedéronlle a patente a esta nanotecnoloxía, que xa foi probada para distintas terapias, e que agora demostrou a súa eficacia na metástase hepática do cancro colorrectal.

O que logran con esta terapia probada en ratos é atallar a formación dos vasos sanguíneos encargados de nutrir as células tumorais no fígado e, desta forma, eliminalas e impedir que proliferen. Un resultado esperanzador que, unha vez patentado e cunha empresa asociada, tamén é viable economicamente.

O traballo mereceu o premio anual da Real Academia Galega de Ciencias. Pero ademais, a nanotecnoloxía deste grupo tamén acaba de ser recoñecida pola Real Academia Nacional de Medicina, na súa aplicación en dermatoloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019