CRTVG

Buscar

Investigadores da Universidade de Vigo deseñaron un sistema para axustar a altura de mesas e cadeiras nos colexios

Publicado o 17/03/2021 21:48

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo acaba de deseñar un sistema sinxelo para coñecer a altura ideal que deben ter as mesas e as cadeiras de cada estudante segundo a súa estatura.

O obxectivo é reducir os episodios de dor de costas que sofren os estudantes e corrixir a súa hixiene postural. Pasan moitas horas sentados e nun 90 % dos casos non utilizan a altura de mesa e de cadeira adecuadas á súa estatura. Por iso deseñaron un sistema de medida sinxelo para que o usen os docentes cos alumnos.

Para faceren as medicións sérvense de dúas cartolinas cun código de cores. Unha vez que teñen a altura da cadeira utilizan outra cartolina para determinar o talle desta. Dado que os nenos medran a diferentes ritmos, cada aula debería ter mobiliario de diferentes talles.

Estes investigadores da Universidade de Vigo poñen o seu sistema a disposición de todos os docentes.

Noticias web

17/03/2021