CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Investigadores da UDC descobren un sistema de refrixeración non contaminante

Publicado o 10/06/2017 15:01

Un grupo de investigadores da Universidade da Coruña desenvolveu un novo composto que permitirá prescindir dos gases perigosos e contaminantes dos sistemas actuais de refrixeración. Os aparellos serán máis ecolóxicos, compactos e eficientes. A refrixeración representa ao redor do 20% do consumo enérxetico mundial.

Os científicos da universidade coruñesa descubriron un composto sintético da familia dos híbridos orgánicos-inorgánicos que quece ou arrefría ao someterse a unha presión non necesariamente moi elevada. O novo material consegue o mesmo efecto ca os gases refrixerantes.

É un material sólido, brando e lixeiro, unha alternativa económica, eficiente e ecolóxica aos sistemas de refrixeración actuais.

O descubrimento abre un grande horizonte de posibilidades en novos materiais para desenvolver novas tecnoloxías refrixerantes.
O estudo leva o selo da Universidade da Coruña. No proxecto participaron investigadores do grupo QUILMOMAT, da Facultade de Ciencias e de PROTERM, da Escola Politécnica Superior de Ferrol.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí