CRTVG

Buscar

Investigadores aseguran que as variantes do coronavirus non restan eficacia á vacina

Publicado o 28/12/2020 16:28

Os investigadores téñeno claro: as mutacións da covid detectadas ata o de agora non lle restan eficacia á vacina. Mentres, imos coñecendo novos casos da variante detectada no Reino Unido. Esténdese a Andalucía, despois de aparecer os primeiros casos en Madrid.

O Instituto de Investigación Sanitaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago leva traballando no estudo das distintas variantes da covid desde a súa mesma detección en Wuhan, en xaneiro deste ano, e levan detectadas máis de 26.000 mutacións, das que a do Reino Unido é unha máis.

A investigación desenvolvida polos doutores Salas e Martinón detectou unha grande homoxeneidade no virus SARS-CoV-2 fronte a outros, o que é positivo para a efectividade das vacinas que hai agora.

Unha confianza baseada no seguimento constante que tanto este coma outros grupos están a facer de todas as variantes do virus da covid para detectar cambios que si puidesen ser significativos.

Este grupo do hospital clínico desenvolverá estudos específicos sobre a vacina en nenos e en mulleres embarazadas. Contan con ter os primeiros resultados na próxima primavera.

Noticias web

28/12/2020