Investigado un veciño do Pino por conducir pola A-54 en sentido contrario baixo os efectos do alcol

A Garda Civil investiga un veciño do Pino (A Coruña) como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria por circular pola autovía A-54 en sentido contrario e baixo os efectos do alcol.
Segundo informou o instituto armado, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando varios particulares alertaron da presenza do vehículo circulando en dirección contraria entre os quilómetros 80 e 66 desta autovía.
Ao lugar dos feitos desprazáronse dúas patrullas de tráfico do Destacamento de Tráfico de Santiago, que localizaron o vehículo accidentado no quilómetro 66 e ao condutor no seu interior. Alí, e unha vez que lle foron practicadas as probas, o home deu positivo a alcoholemia.
Por todo iso, a Garda Civil investiga esta persona como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por condución temeraria ao circular co vehículo en sentido contrario ao fluxo establecido, e o segundo por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.