Investigado un exministro de Sanidade na Arxentina no escándalo alcumado Vacinación VIP
Publicado o 23/02/2021 22:20
A xustiza arxentina rexistrou a sede do Ministerio de Saúde para buscar información sobre o caso da "vacinación VIP", unha trama de vacinación irregular que provocou a imputación do anterior ministro de Saúde.
Políticos, funcionarios, sindicalistas e mesmo familiares e amigos. Un total de 70 personalidades compoñen a listaxe da "vacinacion VIP" na Arxentina, persoas próximas ao poder que tiveron presuntamente acceso privilexiado á vacina contra a covid-19.
O escándalo precipitou a dimisión do ministro de Saúde, Ginés González García, quen ademais foi imputado por tres posibles delitos. Dende México, o presidente Alberto Fernández defendeu a vacinación dalgúns cargos estratéxicos e cargou contra a xustiza.