CRTVG

Buscar

Investigado un cidadán romanés experto en artes marciais por un cento de roubos en Galicia, Asturias e Castela e León

Publicado o 02/02/2021 18:19

Detido un cidadán romanés ao que se lle atribúen máis dun cento de roubos con forza ao longo dos dous últimos anos.

As investigacións do equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Monforte permitiron identificalo, despois de analizar as imaxes das cámaras de seguridade de múltiples establecementos do sur de Lugo.

Os axentes comprobaron que o ladrón actuaba sempre do mesmo xeito e seguiron o rastro da súa actividade delituosa ata a provincia veciña de León.

Noticias web

02/02/2021