CRTVG

Buscar

Investigado por estafa un home que gastou 1.200 euros en pornografía e reclamáballos ao banco

Publicado o 29/05/2020 14:33

A Garda Civil investiga un veciño de Carral por falsa denuncia e intento de estafa, tras reclamar ao banco a devolución de 1.200 euros que en realidade gastara durante a corentena en páxinas web de contido sexual.

O investigado denunciou supostos cargos fraudulentos na súa tarxeta de crédito por un valor de 1.800 euros no período de confinamento. Porén, a análise da súa pegada dixital por parte da unidade de estafas telemáticas da Garda Civil da Coruña descubriu que, dese importe, 1.200 euros foran cargados despois de numerosos accesos a sitios web de pago de contido pornográfico, e os restantes retirados en efectivo na súa localidade. As dilixencias foron remitidas ao xulgado.

Noticias web

29/05/2020